Camiño Santiago / Sueste / Vía da Prata

Camiño Santiago / Sueste / Vía da Prata

85

Na primavera do ano 2010 a Universidade de Vigo, a través do seu Servizo de Deportes e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, organizou unha viaxe de peregrinación de Ourense a Santiago de Compostela seguindo o denominado oficialmente Camiño Sueste-Vía da Prata.

O positivo da experiencia, a singularidade dese Ano Xacobeo ao ser o único desta década e a implicación da Provincia de Ourense nesta ruta que transcorre por vinte dos seus municipios, incitaba á Universidade en colaboración co Consello Social , a elaborar unha guía que reunira unha achega histórico-artística ao patrimonio cultural do camiño, cos coñecementos sobre metodoloxía tradicional de orientación e as técnicas máis novidosas neste campo fundamentais para os peregrinos do s. XXI.

Coa publicación desta guía o equipo dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo gostaría axudar a quen emprenda o camiño para que ao entrar en Santiago de Compostela sinta a satisfacción de ter alcanzado a fusión entre o esforzo físico e o enriquecemento cultural e poida, volvendo a vista ao camiño, contemplar a impronta das súas pegadas xunto as das xentes que peregrinaron no pasado.

+ info: http://roteirosuvigo.blogspot.com.es/p/a-guia-roteiros-culturais-por-ourense.html

Medlem siden januar 2014