Vær den første til at klappe
Vist 2120 gange, downloadet 65 gange
tæt på Lampay, Galicia (España)
O nome deste ruta extraémolo dun verso do trobador Compostelán Joán Airas.
Un dos camiños medievais a Santiago atravesaba o Concello de Teo de norte a sur e subía cara Lampai para despóis baixar por Carcacía en dirección a Padrón, seguindo logo cara o sur de Galicia e norte de Portugal, pois a fronteira era ben fluída.
Polo menos iso é o que se desprende do texto da Cantiga XXII do Cancioneiro de Joán Airas de Santiago, un burgués compostelán que exerceu a súa arte de trobar entre os anos 1250 e 1275 nas cortes dos reis Afonso X o Sabio (de Galicia, León e Castela), e de Afonso III e de Don Dinís (de Portugal). Nela aparece o nome da parroquia de Lampai rimando con Cambrai, unha cidade francesa - hoxe con cerca de 40.000 habitantes - con sona universal desde a Idade Media polos seus refinados panos.
Como a maior parte das cántigas dos nosos trobadores medievais foron copiadas en Portugal no século XIV, aparecen as grafías portuguesas lh (ll) e nh (ñ), de ahí que caminho aparece escrito desa maneira.
Nesta cantiga de amor, de catro estrofas, o poeta ou cantor -pois as cantigas non eran para recitar, senón para cantar (por iso se chaman así)- mostra a súa desesperanza pola marcha da muller amada; evoca a dama cabalgando fermosa na súa mula baia saíndo de Compostela polo camiño de Lampai, ricamente vestida "dun pres de Cambrai".
Waypoint
Capela de Santa Ana 1772
Waypoint
Fonte da Grela de 1868
Waypoint
Marco de Porto Lampai
Waypoint
Marco Medieval da Grela
MARCO MEDIEVAL NA ALDEA DA GRELA. TEN GRAVADOS UN R e ST. POSIBLE RELACIÓN COS OUTROS MARCOS DA VILA DE PEDROUSO. CATALOGADO NO PXOM DE TEO
Informationspunkt
Restos camiño antigo
Kommentarer