• Foto af Ruta das Calizas
  • Foto af Ruta das Calizas
  • Foto af Ruta das Calizas

Koordinater 7885

Uploadet 12. februar 2015

Optaget februar 2015

-
-
686 m
452 m
0
4,1
8,1
16,27 km

Vist 2316 gange, downloadet 89 gange

tæt på Cruzul, Galicia (España)

Nesta ruta visitaremos o corazón da franxa caliza que atravesa de norte a sur o Concello de Becerreá e que forma parte da chamada "Caliza de Vegadeo". A rocha calcárea, moi estrana en Galicia, deixa aquí tres enclaves de gran valor natural e arqueolóxico: o Aciñeiral de Cruzul, o Xacemento Paleolítico de Valdavara e, sobre todo, a espectacular paisaxe "kárstica" dos Grobos, resultado da erosión da auga sobre a rocha sedimentaria durante millóns de anos. Xa case na saída, pódese contemplar a rocha caliza nos taludes no corte feito polo trazado da N-VI á entrada do núcleo de Becerreá. Iniciamos a ruta baixando ata o pobo de Cruzul e dende alí comeza o ascenso por un camiño ata Vilar de Ousón. Antes do pobo podemos desviarnos para sumerxirnos na zona dos Castros, onde aínda se aprecian restos das antigas vivendas e da muralla. Chegamos a Vilar e emprendemos descenso ata cruzar o río Cruzul, que nos conducirá ata Ousón. Xa en Ousón tomamos o camiño que sobe á canteira de Morcelle. Bordeando o aciñeiral, as condicións de sequedade que aporta o chan calizo crean un hábitat para estas aciñeiras impropias do clima frío e húmido dos Ancares. No outono e no inverno, a cor verde intensa das follas perennes das aciñeiras contrastan cos bosques autóctonos, polo que son fácilmente recoñecibles mentres camiñanos. Ademais pasaremos moi cerquiña do xacemento de Valdavara, onde apareceron os restos humanos máis antigos de Galicia. Na cresta atopámonos na divisoria do Cruzul e do Navia, e podemos disfrutar de panorámicas de ambos vales. Posteriormente, descendemos cara Horta e tomamos o camiño primitivo ata Os Grobos. Cómpre perderse neste labirinto de pedras xingantes con formas caprichosas e deixar voar a imaxinación desfrutando da cidade encantada de Becerreá.
Cruzamos a nova N-VI por debaixo e através dun paso inferior chegamos a Agüeira. Se quedan folgos recoméndase realizar os seis quilómetros ata o punto de partida pola antiga N-VI. Trátase do tramo mellor conservado de Galicia desta vía bicentenaria. Case chegando de novo á saída, contemplaremos o seu principal icono: a ponte de Carlos III. O viaducto, de Carlos Lamour, foi unha das principais obras de enxeñaría civil en España na súa época con 30 metros de altura sobre o río e 7 de ancho de calzada. Convén fixarse nos sillares calizos da zona empregados para a súa construción.
Waypoint

Aciñeiral de Cruzul

Waypoint

Cela2

Waypoint

Cruce por paso inferior 1

Waypoint

Cruce por paso inferior 2

Waypoint

desvío os castros

Waypoint

fonte

Waypoint

Núcleo de Cruzul

Waypoint

Núcleo de Ousón

Waypoint

Núcleo de Vilar de Ousón

Waypoint

Os Grobos

Waypoint

Ponte de Carlos III

Waypoint

Valiña

Kommentarer

    Du kan eller denne rute