-
-
526 m
306 m
0
3,8
7,7
15,35 km

Vist 555 gange, downloadet 30 gange

tæt på Cercio, Galicia (España)

A ruta comeza no centro da parroquia de Cercio, na carballeira, e baixa ao Cello para chegar a Palio a traves do monte dos Coutos. Continua polo monte da Lamancha seguindo o regato de Borbón ata chegar a Rodís, para subir logo ata Cangas. dende Cangas descéndese de novo ata Rodís polo monte do Muíño, ata atoparnos coa antiga fábrica de papel, un dos primeiros exemplos da industrialización en Galicia. Ao seu carón está a tricentenaria árbore do incenso. Seguimos por Rodís de Abaixo, onde nos atopamos coa fermosa igrexa románica de San Xiao. Chegando a Rodís do Medio (moi preto está a capela dos Remedios ou de San Lourenzo), comezamos a baixada cara o Arnego que xa se escoita baixando bravo e encaixonado nesta zona. Xa en plena Rede Natura 2000 comezamos a ver as primeiras sobreiras do Sobreiral do Arnego, un espazo natural compartido polos concellos de Lalín e Agolada, de enorme valor natural e paisaxístico, que mezcla bosque atlántico con tintes mediterraneos. A ruta discorre á beira do río, xa máis manso neste treito medio, nun espazo de beleza espectacular. Andamos pola ribeira da Tosta do Berto e polo Pozo Negro, introducíndonos en terras agoladenses, camiñando fronte a Carmoega. Estamos a uns 300 metros e comezamos a subida por fermosos camiños ata chegar a Quián. Alí atoparemos unhas vistas espectaculares de Carmoega, Santo André, Penas... e xa na Pena Voltureira damos cun mirador soberbio do sobreiral e do río Arnego. Poucos metros máis arriba entramos de novo no concello de Lalín e dirixímonos a Santa Baia, xa na parroquia de Cercio, polo monte de Teixugueiras. En Santa Baia visitamos a capela prerrománica de Santa Eulalia de Palio, unha xoia da arquitectura relixiosa medieval, que por desgraza está en estado ruinoso á espera dun proxecto de restauración. A tiro de pedra vemos o castro de Palio, que conserva ben unha das súas dúas coroas orixinarias. A subida continua polo monte do Coto ata chegar de novo a Cercio, pasando por diante da igrexa barroca de Santiago e completando o círculo dando co noso punto de partida.
Waypoint

Igrexa de Santiago de Cercio

Waypoint

Carballeira de Cercio

Waypoint

Pazo do Cello

Waypoint

Casa grande de Palio

Waypoint

Antiga fábrica de papel de Rodís

Waypoint

Igrexa de San Xiao de Rodís

Waypoint

Capela dos Remedios

Waypoint

Sobreiral do Arnego

Waypoint

Sobreiral do Arnego

Waypoint

Mirador do sobreiral

Waypoint

Castro de Palio

Waypoint

Capela prerrománica de Santabaia

2 kommentarer

  • Foto af gandaia

    gandaia 31-01-2017

    Temos pensado, un grupo de amigos, facer unha ruta polo sobreiral do Arnego. Estivemos vendo varios percorridos e, especialmente a min, convénceme a que ti describes que está ao sur de outras que atopamos. O que me preocupa é que a calificas como "difícil" e non todos teñen a mesma condición física, se ben con frecuencia camiñamos por rutas de preto de 20 km. con desniveis importantes. Daquela agradeceríamos que nos indicaras onde está a dificultade: se pola lonxitude, se por grandes desniveis, deficultade de paso...
    Saúdos e moitas grazas de antemán.

  • Foto af gandaia

    gandaia 09-03-2017

    O 26 de febreiro fixemos esta ruta. Hai algunha sinalización -unha folla de cor azul coa frecha indicadora no interior- Pero son unhas pequenas tabliñas cunha estaca que ás veces inducen a erro porque foron movidas do lugar inicial. Ata o Rego das Teixugueiras fomos chegando; a pesar de que algúns camiños, polas choivas e o paso de gando e tractores, estaban intransitables; pero uns cincuenta metros despois do Rego das Teixugueiras (que morre no Arnego) tivemos que desistir e ascender cara a Palio de Arriba debido a que a maleza da marxe do río impedía o paso.
    A próxima vez probaremos pola outra beira desde a Ponte de Carmoega

Du kan eller denne rute