• Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle
  • Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle
  • Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle
  • Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle
  • Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle
  • Foto af Niñarelle-Mirador do Cotro-Niñarelle

Tid  5 timer 29 minutter

Koordinater 1861

Uploadet 10. april 2019

Optaget februar 2015

-
-
538 m
184 m
0
4,6
9,2
18,44 km

Vist 54 gange, downloadet 4 gange

tæt på Castelán, Galicia (España)

Vamos facer unha andaina polas terras altas de Negreira.
Deixamos os coches no lugar de Niñarelle, na parroquia de Alvite dende onde xa se divisa tódolo Val de Santa Cruz de Campolongo, os seus lugares e os montes dos Pozos, Cotón das Murallas, etc.
Cruzamos o Rego de Brandia e baixamos por un camiño de Castélán franqueado por árbores autóctonos e algún que outro pino e eucalipto ata chegar a Couso de Abaixo xa na parte máis profunda do Val de Campolongo, dominado polo fermoso Rio Donas donde visitamos nun dos seus afluentes o Rego da Cascoxa un moi ben conservado muiño.
Tamén no lugar de Couso de Abaixo e sobre o mesmo Rio Donas visitamos a ponte de pedra de orixe medieval.
E agora comeza o máis duro; A forte subida de máis de cinco kilómetros pasando por Couso de Arriba e o carón de outro caudaloso afluente do Rio Donas ata chegar ao Monte dos Pozos máis coñecido como Monte do Cotro a 509 metros de altura e onde se situa, construido polas máns dos seus veciños, o “Mirador do Cotro” fermosa atalaia dende a cal se divisan preto de trinta concellos veciños e lugares como o mítico Monte Pindo, a Cidade da Cultura de Compostela, O Pico Sacro, a Ria de Noia e Muros, o moderno Ponte Ria de Noia, etc, etc.
O Monte do Cotro tamén é a intersección dos Concellos de Mazaricos e Outes con Negreira e dende onde xa se fan visibles os “Barranco do Rio Vao da Denonsiña”, aos nosos pés, “Barranco do Rio Santa Baia” a pouco máis de un kilómetro en liña recta e os barrancos que conforman os “Barrancos do Rio de San Paio” a menos de tres kilómetros.
Deixamos estas fermosas vistas do Mirador do Cotro para comezar o camino de volta cara o lugar da Agris, onde se atopa a igrexa de Campolongo de dudoso orixe do Medievo, templo sen campanario pero con unha espadaña que alberga unha pequena campá. Moi preto atópase o edificio en ruinas da que fora a antiga escola e que conserva unha preciosa lareira e o forno do pan da casa do mestre.
Dende aquí fomos a Couso de Arriba para continuar un tramo preto outra vez do Rio Donas , acercámonos a moi ben conservada aldea de As Pedreiras pero más arriba, ata chegar onde están os muiños que utilizaban os vecinos de Niñarelle, intentamos subir pola corredoira que daba acceso a aldea, pero está totalmente abandonada polo que tivemos que subir monte a través con desniveis de ata 45 % para chegar o noso punto de saida onde nos esperan os coches.

Kommentarer

    Du kan eller denne rute