Tid  3 timer 32 minutter

Koordinater 1547

Uploadet 2. november 2016

Optaget september 2016

-
-
674 m
426 m
0
2,1
4,2
8,42 km

Vist 842 gange, downloadet 11 gange

tæt på Abelenda, Galicia (España)

Para percorrer esta ruta que transcorre case integramente polo Concello de Carballeda de Avia (o Outeiral xa pertence ao de Leiro), deixamos o coche na igrexa de Abelenda e dirixímonos cara ao sur até chegarmos a un campo de fútbol que está diante dun polideportivo. Tras un anaco de asfalto, viramos á dereita deixando o campo de fútbol á nosa esquerda e pasamos a un camiño que en poucos metros (800 dende o inicio) nos leva ao cruzamento entre a ruta dos Bolos e a ruta dos muíños de Carballeda de Avia (muíños de Trigás, da Veronza...). Descendemos 200 metros até a área de lecer dos muíños de Abelenda unicamente para ver os primeiros deste conxunto de muíños e damos volta para seguir a nosa ruta, a ruta dos Bolos.
Os primeiros quilómetros non resultan de maior interese mais son bastante levadeiros, con pequenas subidas, algunha un chisco pronunciada pero curta. Sobre o cuarto quilómetro (indicado co marco do km 3 na ruta sinalizada) chegamos a un banco de madeira xunto ao que temos un pequeno miradoiro natural dende o que se albisca claramente o noso obxectivo, pena Corneira: unha laxe duns dez metros en vertical que se ergue sobre outras grandes rochas e que resulta ben visíbel dende case calquera punto do val do Avia, na parte norte da bisbarra do Ribeiro. É a partir deste punto onde comeza a facerse interesante esta ruta polas formacións rochosas que conforman os penedos, denominados bolos por estar tan redondeados pola erosión e cunha disposición caprichosa que lles confire unha gran fermosura. Pasos entre paredes pétreas, bolos de gran tamaño acompañados dunha vexetación bastante autóctona, principalmente carballos, que fan que a camiñada sexa ben atractiva.
Pasa o camiño pola parte alta da parroquia de Faramontaos, na que algunhas vivendas chegan a tratar de integrarse cos bolos, situados algúns deles mesmo a carón das casas. A seguir pasamos á beira dunha pequena área recreativa cun parque infantil, cruzamos a estrada que une Avión con esta parte do Ribeiro e penetramos nunha zona máis boscosa, inzada de carballos e grandes formacións pétreas que nos van marcando o camiño cara ao cumio.
O espazo que rodea o cumio (675 m) é impresionante, como o son as vistas que se abren ante nós. Cara ao sur ábrense os amplos vales do Avia e do Miño e, alén do encoro de Castrelo de Miño, o horizonte configúrao o Laboreiro. Ao leste o Faro de Avión. E non podían faltar, características do noso culto ancestral ás pedras e ás grande rochas, lendas referidas a xigantes encantados ou mesmo unha que relaciona esta gran formación co dedo de Deus.
Volvendo polo mesmo camiño de subida está sinalizado o desvío para continuar cara á área recreativa de pena Corneira, bo lugar para pernoctar, como foi o noso caso. Mais antes de prepararnos para pasar a noite entre nubes e estrelas, seguimos até o próximo vértice xeodésico do miradoiro do Outeiral (646 m), situado soamente a uns cincocentos metros e co camiño de ascenso preparado con escaleiras e pasarelas de madeira que facilitan acadar o cumio. Aínda que xa nos caía a noite encima, a vista non deixa de ser excelente.
Sacred architecture

Igrexa de Abelenda

Kryds

Cruzamento

Waypoint

Muíños de Abelenda

Muíños de Abelenda. Inicio da ruta dos muíños de Carballeda de Avia
springvand

Fonte

Fonte. Fotos da ruta dos Bolos
Park

Área recreativa

Área recreativa
top

Pena Corneira

Pena Corneira
Picnic

Área recreativa

Área recreativa
panorama

Miradoiro do Outeiral

Miradoiro do Outeiral

Kommentarer

    Du kan eller denne rute